mércores, 26 de outubro de 2016

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR

Data/hora: Sábado 29 de outubro ás 20h
OBRA: SANATOS (recomendada para adultos)

Grupo: Paso de Valverde
Sinopse:
A vida doe demasiado, non hai por onde fuxirlle. O pasado volta para mostrarnos como de felices fomos e como de enganados estabamos. Aqueles riseiros aloumiños son hoxe lastro que afunde sen pausa, e o amor truncou en obriga maldita. Haberá lugar para o descanso? Cando nos equivocamos?
 Elenco: María Miranda, Manuel de Eva e Belén Mariño
Dirección: Paulo Serantes


Data/hora: Domingo 30 ás 19h
OBRA: UN DÍA NO CIRCO (recomendada para público familiar)
Grupo: Paso de Valverde
SinopseEspectáculo cómico para todos os públicos. O circo está cheo de ilusión e de maxia. A carpa de cores provoca ledicia en pequechos e grandes. Mas hai un rapaz ao que lle gusta especialmente o circo: Chukiño. Un día o noso protagonista descobre que o Circo actuará na vila. Un espectáculo único! Chukiño non dubida e, despois de avisar aos amigos, vai correndo á carpa para coller sitio. Mais os tempos non son doados e a actuación corre o risco de ser cancelada...
ElencoXavier Ramilo, Antón L. Rico, Paulo Serantes, Belén R. Mariño
Dirección: Paulo Serantes




Data/hora: Sábado 5 de novembro ás 20h
OBRA: MENESTRA DE TESTOSTERONA (recomendada para adultos)
Grupo: Hipócrita Teatro
Sinopse:Lucrecia, unha muller marcada pola educación que recibiu e por un conflito non resolto da súa infancia, decide ir a terapia. Dende o sofá do doutor presentaranos, en clave de humor, a todos os homes da súa vida, e descubrirá que hai un denominador común entre eles...

Elenco:María J. García e Carlos Rebolo
Deseño iluminación: Juan Rivas
Dirección: Carlos Rebolo


Data/hora: Domingo 6 de novembro ás 19h
OBRA: ALACRÁN (recomendada para público adulto)
Grupo: Teatro no Aramio
Sinopse:
O Alacrán é un local, unha especie de tugurio, ó que comezan a chegar persoas moi diversas. En primeiro lugar dous músicos que ocupan un lugar permanente no espazo escénico e que crearán o ambiente sonoro da peza. A continuación van aparecendo unha serie de personaxes que cargan coa súa biografía. Todos teñen en común que foron convocados, a través dunha carta, a este lugar e no momento concreto da súa chegada. O remitente é un tal Moloch polo que se espera, a semellanza daquel Godot de Becket.
Alacrán é un proxecto grupal que deu lugar a unha peza na que se mesturan música en directo e cancións orixinais cunha dramaturxia de comedia escura. Non é propiamente un musical senón unha proposta traxicómica na que un ‘mostrario’ de personaxes curiosos van pasando por diante do ollo de quen mira.
ElencoClara González, Toni Salgado, Olalla Rey, Natalia Feijoo, Aitor Iglesias, Fran Godón
Dirección: Fran Godón

venres, 21 de outubro de 2016

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR

Promovido por FEGATEA a través dun convenio coa Consellería de Cultura
Traerá ó noso local 4 funcións de teatro.
Velaí a programación: