luns, 20 de novembro de 2017

Unha comedia musical familiar

Por motivos de saúde dunha das actrices, a función de "Quero ser maior" do grupo de teatro Axóuxere prevista para o sábado 2, queda
APRAZADA PARA SÁBADO 23 de decembro ás 18h
(disculpade polas molestias)

Unha reflexión sobre a perda de valores ao longo do crecemento e a maduración. De cómo non debemos esquecer ao/a neno/ a que fomos e que debemos seguir levando dentro aínda que medremos. Toca  temas como o acoso e o abuso, o perigo das novas tecnoloxías mal usadas e a intolerancia das normas sen reflexión e sentido común... Todo aderezado con moito humor e coas cancións en directo, compostas e interpretadas por Kike Vales.
Escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta.


domingo, 5 de novembro de 2017

O sábado 4 de novembro

A humorista lucense Carmen Conde trouxo ó Local Hipócrita o seu espectáculo "Premios Darwin"

“Premios Darwin” é o resultado da recolleita de historias arredor da morte ocorridas en Galicia e alén das súas fronteiras. Coa excusa dunha entrega de premios, na que o galardón será unha gadaña, Carmen Conde vainos achegar un dos tabús, asi coma unha das tradicións, de máis fondo arraigo na nosa terra. Cada candidato será unha excusa para contar un relato do humor máis negro e máis real. ADN galego. Bueno, non todo, que tamén hai “Mellor Morte Estranxeira”.