“Premios Darwin” é o resultado da recolleita de historias arredor da morte ocorridas en Galicia e alén das súas fronteiras. Coa excusa dunha entrega de premios, na que o galardón será unha gadaña, Carmen Conde vainos achegar un dos tabús, asi coma unha das tradicións, de máis fondo arraigo na nosa terra. Cada candidato será unha excusa para contar un relato do humor máis negro e máis real. ADN galego. Bueno, non todo, que tamén hai “Mellor Morte Estranxeira”.