Por motivos de saúde dunha das actrices, a función de "Quero ser maior" do grupo de teatro Axóuxere prevista para o sábado 2, queda
APRAZADA PARA SÁBADO 23 de decembro ás 18h
(disculpade polas molestias)
(disculpade polas molestias)
Unha reflexión sobre a
perda de valores ao longo do crecemento e a maduración. De cómo non debemos
esquecer ao/a neno/ a que fomos e que debemos seguir levando dentro aínda que
medremos. Toca temas como o acoso e o
abuso, o perigo das novas tecnoloxías mal usadas e a intolerancia das normas
sen reflexión e sentido común... Todo aderezado con moito humor e coas cancións en directo, compostas e interpretadas por Kike Vales.
Escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta.