mércores, 26 de outubro de 2016

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR

Data/hora: Sábado 29 de outubro ás 20h
OBRA: SANATOS (recomendada para adultos)

Grupo: Paso de Valverde
Sinopse:
A vida doe demasiado, non hai por onde fuxirlle. O pasado volta para mostrarnos como de felices fomos e como de enganados estabamos. Aqueles riseiros aloumiños son hoxe lastro que afunde sen pausa, e o amor truncou en obriga maldita. Haberá lugar para o descanso? Cando nos equivocamos?
 Elenco: María Miranda, Manuel de Eva e Belén Mariño
Dirección: Paulo Serantes


Data/hora: Domingo 30 ás 19h
OBRA: UN DÍA NO CIRCO (recomendada para público familiar)
Grupo: Paso de Valverde
Sinopse: Espectáculo cómico para todos os públicos. O circo está cheo de ilusión e de maxia. A carpa de cores provoca ledicia en pequechos e grandes. Mas hai un rapaz ao que lle gusta especialmente o circo: Chukiño. Un día o noso protagonista descobre que o Circo actuará na vila. Un espectáculo único! Chukiño non dubida e, despois de avisar aos amigos, vai correndo á carpa para coller sitio. Mais os tempos non son doados e a actuación corre o risco de ser cancelada...
Elenco: Xavier Ramilo, Antón L. Rico, Paulo Serantes, Belén R. Mariño
Dirección: Paulo Serantes




Data/hora: Sábado 5 de novembro ás 20h
OBRA: MENESTRA DE TESTOSTERONA (recomendada para adultos)
Grupo: Hipócrita Teatro
Sinopse:Lucrecia, unha muller marcada pola educación que recibiu e por un conflito non resolto da súa infancia, decide ir a terapia. Dende o sofá do doutor presentaranos, en clave de humor, a todos os homes da súa vida, e descubrirá que hai un denominador común entre eles...

Elenco:María J. García e Carlos Rebolo
Deseño iluminación: Juan Rivas
Dirección: Carlos Rebolo


Data/hora: Domingo 6 de novembro ás 19h
OBRA: ALACRÁN (recomendada para público adulto)
Grupo: Teatro no Aramio
Sinopse:
O Alacrán é un local, unha especie de tugurio, ó que comezan a chegar persoas moi diversas. En primeiro lugar dous músicos que ocupan un lugar permanente no espazo escénico e que crearán o ambiente sonoro da peza. A continuación van aparecendo unha serie de personaxes que cargan coa súa biografía. Todos teñen en común que foron convocados, a través dunha carta, a este lugar e no momento concreto da súa chegada. O remitente é un tal Moloch polo que se espera, a semellanza daquel Godot de Becket.
Alacrán é un proxecto grupal que deu lugar a unha peza na que se mesturan música en directo e cancións orixinais cunha dramaturxia de comedia escura. Non é propiamente un musical senón unha proposta traxicómica na que un ‘mostrario’ de personaxes curiosos van pasando por diante do ollo de quen mira.
Elenco: Clara González, Toni Salgado, Olalla Rey, Natalia Feijoo, Aitor Iglesias, Fran Godón
Dirección: Fran Godón