Amosando publicacións coa etiqueta 2016 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2016 b>. Amosar todas as publicacións
venres, 9 de decembro de 2016
III Encontro de Artes Escénicas
O 18 de decembro, para celebrar un ano máis de programación cultural no Local Hipócrita, o III Encontro de Artes Escénicas traeranos maxia, baile, música e algo de teatro. Alegría, humor, sorpresas... e a entrega dos Hipopremios 2016. Vas faltar a tamaño acontecemento??
mércores, 26 de outubro de 2016
CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR
Data/hora: Sábado 29 de outubro ás 20h
OBRA: SANATOS (recomendada para adultos)
Grupo: Paso de Valverde
Sinopse:
A vida doe demasiado, non hai por onde fuxirlle. O pasado
volta para mostrarnos como de felices fomos e como de enganados estabamos.
Aqueles riseiros aloumiños son hoxe lastro que afunde sen pausa, e o amor
truncou en obriga maldita. Haberá lugar para o descanso? Cando nos equivocamos?
Elenco: María Miranda, Manuel de Eva e Belén Mariño
Dirección: Paulo Serantes
Data/hora: Domingo 30 ás 19h
OBRA: UN DÍA NO CIRCO (recomendada para público familiar)
Grupo: Paso de Valverde
Sinopse: Espectáculo cómico para todos os
públicos. O circo está cheo de ilusión e de maxia. A carpa de cores provoca
ledicia en pequechos e grandes. Mas hai un rapaz ao que lle gusta especialmente
o circo: Chukiño. Un día o noso protagonista descobre que o Circo actuará na
vila. Un espectáculo único! Chukiño non dubida e, despois de avisar aos amigos,
vai correndo á carpa para coller sitio. Mais os tempos non son doados e a
actuación corre o risco de ser cancelada...
Elenco: Xavier
Ramilo, Antón L.
Rico, Paulo
Serantes, Belén R.
Mariño
Dirección: Paulo Serantes
Data/hora: Sábado 5 de novembro ás 20h
OBRA: MENESTRA DE TESTOSTERONA (recomendada para adultos)
Sinopse:Lucrecia, unha muller marcada pola educación que recibiu
e por un conflito non resolto da súa infancia, decide ir a terapia. Dende o
sofá do doutor presentaranos, en clave de humor, a todos os homes da súa vida,
e descubrirá que hai un denominador común entre eles...
Elenco:María J.
García e Carlos Rebolo
Deseño iluminación: Juan
Rivas
Dirección: Carlos Rebolo
Data/hora: Domingo 6 de novembro ás 19h
OBRA: ALACRÁN (recomendada para público adulto)
Grupo: Teatro no Aramio
O Alacrán é un local, unha especie de tugurio, ó que
comezan a chegar persoas moi diversas. En primeiro lugar dous músicos que
ocupan un lugar permanente no espazo escénico e que crearán o ambiente sonoro
da peza. A continuación van aparecendo unha serie de personaxes que cargan coa
súa biografía. Todos teñen en común que foron convocados, a través dunha carta,
a este lugar e no momento concreto da súa chegada. O remitente é un tal Moloch
polo que se espera, a semellanza daquel Godot de Becket.
Alacrán é un
proxecto grupal que deu lugar a unha peza na que se mesturan música en directo
e cancións orixinais cunha dramaturxia de comedia escura. Non é propiamente un
musical senón unha proposta traxicómica na que un ‘mostrario’ de personaxes
curiosos van pasando por diante do ollo de quen mira.
Elenco: Clara González, Toni Salgado, Olalla Rey, Natalia Feijoo, Aitor Iglesias, Fran Godón
Dirección: Fran Godón
venres, 21 de outubro de 2016
CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR
Promovido por FEGATEA a través dun convenio coa Consellería de Cultura
Traerá ó noso local 4 funcións de teatro.
Velaí a programación:
venres, 2 de setembro de 2016
Lucecús
"A verdadeira historia de Manuel de Paderna" de Lucecús, ademais dunha fermosa homenaxe a Manuel María, é unha obra chea de sorpresas e amor a poesía!
Aquí vos deixamos unhas fotos,que fixo o noso compañeiro Juan Rivas, como testemuña do seu paso polo Local Hipócrita.
domingo, 28 de agosto de 2016
Lucecús
Este xoves, día 1 de setembro, ás 7 da tarde, grandes e pequenos podedes achegarvos ó Local Hipócrita para coñecer "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna". Contaránnola os compañeiros de LUCECÚS TEATRO, grazas ao patrocinio da Excma, Deputación Provincial de Lugo, a través do seu programa de CULTURA SOBRE RODAS, polo que, a entrada a esta actividade será de balde.
xoves, 2 de xuño de 2016
Este venres, 3 de xuño, máis IMPRO!
Un feixe de sorpresas improvisadas con Lusco Fusco!
Cando? Este venres ás 21:30
Onde? Onde vai ser...
É IMPRO - BABLE QUE TE ABURRAS!
xoves, 26 de maio de 2016
Primavera Hipócrita
Varias semanas despois de chegar ó Corte Inglés, chega a Primavera ó Local Hipócrita!!
Este venres, 27 de maio, ás 21:30h, a estación máis esperada do ano chega cun "AGASALLO" moi especial: a estrea mundial da nosa nova montaxe.
xoves, 28 de abril de 2016
Catalina no Dïa do Libro
Dous pases con aforo completo!
Catalina Lino Lina, unha obra de Glup Glup Teatro protagonizada por Elea López, encheu o local Hipócrita de solidaridade cos refuxiados sirios.
Fotos: Julio Seijas
Vídeos San Teatrin
Para os que non poidestes asistir, aquí vos deixamos uns vídeos do San Teatrín.
xoves, 14 de abril de 2016
Día do Libro solidario!
O sábado 23 de abril, Día do Libro, temos unha función triplemente especial. Elea López, de Glup Glup teatro, traerá ó noso local Catalina Lino Lina, e farao por unha causa que esperamos todos apoiedes: Recadar fondos para os refuxiados sirios.
Teremos dous pases: o primeiro ás 18 horas e o segundo ás 19:30
Por cada entrada vendida, distintas empresas lucenses doarán un euro.
xoves, 31 de marzo de 2016
venres, 11 de marzo de 2016
1,2,3 IMPRO!!
Este domingo, día 13, ás 7 da tarde, se te achegas ó Local Hipócrita poderás botar unhas risas con Lusco Fusco e o seu espectáculo de improvisación.
luns, 15 de febreiro de 2016
Viva San Teatrín!!
O 14 de febreiro celebramos e compartimos o amor ó teatro cun feixe de amigas e amigos. Unha gala cómica que inaugurou a programación anual 2016 do Local Hipócrita. Pequenas pezas que preparamos no noso laboratorio teatral permanente dirixido por Elea López e un concurso, "A laranxa máis laranxa de todas as laranxas laranxas", que puxo a proba o humor e o amor dalgúns dos asistentes.
Viva o teatro!!
xoves, 4 de febreiro de 2016
San Teatrín
O 14 de febreiro celebraremos o San Teatrín cunha gala moi teatral. Vén a compartir con nós esta homenaxe ó teatro.
domingo, 31 de xaneiro de 2016
Obradoiros de teatro con Carlos Neira
Un luxo ter a Carlos Neira con nós! Poucos profesionais poñen tanta paixón no seu traballo e coñecen tan ben o feito actoral e teatral e saben facelo chegar aos alumnos de xeito tan máxico. Foron 8h moi intensas que poderían dar lugar a grandes espectáculos grazas á boa disposición dos alumn@s e ó saber facer do mestre.
Fotografías de Juan Rivas
![]() |
| Algúns dos participantes no obradoiro de improvisación. |
Diferentes momentos do traballo no obradoiro de creación do personaxe
xoves, 7 de xaneiro de 2016
OBRADOIROS DE TEATRO IMPARTIDOS POR CARLOS NEIRA
Prazas limitadas
Máis información no tfno: 635852267 ou en
hipocritateatro@gmail.com
Para coñecer máis sobre o enfoque de traballo
de Carlos Neira:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































