domingo, 3 de decembro de 2017

Volve o Encontro de Artes Escénicas

Este ano, o día 16 de decembro ás 20h, con clown, mimo, tango, maxia e teatro. 
Entrada de balde ata completar aforo

luns, 20 de novembro de 2017

Unha comedia musical familiar

Por motivos de saúde dunha das actrices, a función de "Quero ser maior" do grupo de teatro Axóuxere prevista para o sábado 2, queda
APRAZADA PARA SÁBADO 23 de decembro ás 18h
(disculpade polas molestias)

Unha reflexión sobre a perda de valores ao longo do crecemento e a maduración. De cómo non debemos esquecer ao/a neno/ a que fomos e que debemos seguir levando dentro aínda que medremos. Toca  temas como o acoso e o abuso, o perigo das novas tecnoloxías mal usadas e a intolerancia das normas sen reflexión e sentido común... Todo aderezado con moito humor e coas cancións en directo, compostas e interpretadas por Kike Vales.
Escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta.


domingo, 5 de novembro de 2017

O sábado 4 de novembro

A humorista lucense Carmen Conde trouxo ó Local Hipócrita o seu espectáculo "Premios Darwin"

“Premios Darwin” é o resultado da recolleita de historias arredor da morte ocorridas en Galicia e alén das súas fronteiras. Coa excusa dunha entrega de premios, na que o galardón será unha gadaña, Carmen Conde vainos achegar un dos tabús, asi coma unha das tradicións, de máis fondo arraigo na nosa terra. Cada candidato será unha excusa para contar un relato do humor máis negro e máis real. ADN galego. Bueno, non todo, que tamén hai “Mellor Morte Estranxeira”.





luns, 16 de outubro de 2017

PROGRAMACIÓN CULTURAL HIPÓCRITA OUTONO 2017


"ALBA, A CASA PECHADA"

O día 1 de outubro,"Alba, a casa pechada" de Nostrum Cai Teatro estreou o escenario do novo Local Hipócrita na R/ Doutor Gasalla. A función, enmarcada no Proxecto Buxiganga da Deputación Provincial, abriu a programación cultural Hipócrita do outono 2017.
Aquí vos deixamos unhas fotos deste drama brillantemente executado polas actrices de Nostrum Cai dirixidas por Lola Fdez.
FOTOS de JAIME GONZÁLEZ











domingo, 1 de outubro de 2017

AGORA ESTAMOS EN

R/ Doutor Gasalla nº 18 baixo
(Espazo compartido con ÍTACA ARTES ESCÉNICAS)

mércores, 21 de xuño de 2017

SAN XOÁN ALTERNATIVO CON XANSOLOS!

Este venres ás 21:30h no noso Local da R/ Becerreá nº 2 o lume das fogueiras foi substituído por evocadoras imaxes e os conxuros do San Xoán  pola poesía. 
Organizamos un San Xoán Alternativo como festa de despedida do noso Local co espectáculo "Electrolírica" de XANSOLOS, un espectáculo electro-poético-visual que une á compositora e técnico de son Cristina Morquillas e ao poeta e actor Xan Solo.

Despois do espectáculo, servíronse pinchos “alternativos” e houbo tempo para a conversa...

domingo, 19 de marzo de 2017

PRIMAVERA HIPÓCRITA

Aquí está, de novo, a "PRIMAVERA HIPÓCRITA" para celebrar O Día Mundial do Teatro.
O DOMINGO 26 DE MARZO ÁS 19H
Este ano farémolo cun menú teatral a base de pezas breves que nunca foran postas en escena no noso Local:
1º Prato: LAUDAMUCO
2º Prato: Cleopatra e Marco Antonio
Sobremesa: Mitoloxía para ignorantes

Onde? Onde vai ser: no Local Hipócrita, R/ Becerreá 2



sábado, 18 de marzo de 2017

SAN TEATRÍN 17

Velaí algunhas imaxes dos estragos que o Cupido Teatral fixo este ano nos actores e actrices que participaron no espectáculo. 

FOTOS de JAIME GONZÁLEZ





luns, 27 de febreiro de 2017

PRIMAVERA HIPÓCRITA (fotos)


Escena de "Laudamuco" con Hipócrita T
(fotos b/n de Jaime González- fotos cor de Cristina Merino)




"Cleopatra e Marco Antonio" con Hipócrita T
(fotos b/n de Jaime González- fotos cor de Cristina Merino)



venres, 10 de febreiro de 2017

VOLVE SAN TEATRÍN!

O noso Cupido Teatral regresa este 17 de febreiro cargado de frechas para contaxiar o amor ó Teatro!

luns, 30 de xaneiro de 2017

CURSO DE CLOWN CON ARTURO COBAS

Unha intensa fin de semana de aprendizaxe e convivencia!

Velái un feixe de potenciais pallasos e pallasas!


domingo, 22 de xaneiro de 2017

CURSO DE CLOWN CON ARTURO COBAS

Curso intensivo de 12h que permitirá achegarse ó universo do pallaso aos que se estean iniciando e a quen por curiosidade ou interese queira fuxir do estrés cotián mergullándose nun ambiente cheo de liberdade, pracer e espíritu lúdico, deixando que o seu pallaso se exprese sen reservas.





luns, 19 de decembro de 2016

HIPOPREMIOS 2016

O III Encontro de Artes Escénicas acolleu a entrega dos Hipopremios 2016, que por votación do público asistente ós espectáculos foron outrogados a:
PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO PARA PÚBLICO FAMILIAR
"A verdadeira historia de Manuel de Paderna" de Lucecús Teatro


PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO PARA PÚBLICO ADULTO
"Sánatos" da Compañía Teatral Paso de Valverde 

Actores e actrices premiados



domingo, 18 de decembro de 2016

III Encontro de Artes Escénicas

Oscar Bello sorprendeunos coa súa maxia, Swing Jazz Lugo fíxonos saltar dos asentos para seguir o seu ritmo, coas letras cheas de humor e retranca de Carta de Ajuste rimos a esgalla... Unha tarde noite chea de sorpresas en excelente compañía: a do público asistente, a dos artistas convidados e a dos actores e actrices premiados!!
Artistas premiados e convidados

Hipócritas con artistas premiados e convidados

venres, 9 de decembro de 2016

III Encontro de Artes Escénicas

O 18 de decembro, para celebrar un ano máis de programación cultural no Local Hipócrita, o III Encontro de Artes Escénicas traeranos maxia, baile, música e algo de teatro. Alegría, humor, sorpresas... e a entrega dos Hipopremios 2016. Vas faltar a tamaño acontecemento??



mércores, 26 de outubro de 2016

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR

Data/hora: Sábado 29 de outubro ás 20h
OBRA: SANATOS (recomendada para adultos)

Grupo: Paso de Valverde
Sinopse:
A vida doe demasiado, non hai por onde fuxirlle. O pasado volta para mostrarnos como de felices fomos e como de enganados estabamos. Aqueles riseiros aloumiños son hoxe lastro que afunde sen pausa, e o amor truncou en obriga maldita. Haberá lugar para o descanso? Cando nos equivocamos?
 Elenco: María Miranda, Manuel de Eva e Belén Mariño
Dirección: Paulo Serantes


Data/hora: Domingo 30 ás 19h
OBRA: UN DÍA NO CIRCO (recomendada para público familiar)
Grupo: Paso de Valverde
SinopseEspectáculo cómico para todos os públicos. O circo está cheo de ilusión e de maxia. A carpa de cores provoca ledicia en pequechos e grandes. Mas hai un rapaz ao que lle gusta especialmente o circo: Chukiño. Un día o noso protagonista descobre que o Circo actuará na vila. Un espectáculo único! Chukiño non dubida e, despois de avisar aos amigos, vai correndo á carpa para coller sitio. Mais os tempos non son doados e a actuación corre o risco de ser cancelada...
ElencoXavier Ramilo, Antón L. Rico, Paulo Serantes, Belén R. Mariño
Dirección: Paulo Serantes




Data/hora: Sábado 5 de novembro ás 20h
OBRA: MENESTRA DE TESTOSTERONA (recomendada para adultos)
Grupo: Hipócrita Teatro
Sinopse:Lucrecia, unha muller marcada pola educación que recibiu e por un conflito non resolto da súa infancia, decide ir a terapia. Dende o sofá do doutor presentaranos, en clave de humor, a todos os homes da súa vida, e descubrirá que hai un denominador común entre eles...

Elenco:María J. García e Carlos Rebolo
Deseño iluminación: Juan Rivas
Dirección: Carlos Rebolo


Data/hora: Domingo 6 de novembro ás 19h
OBRA: ALACRÁN (recomendada para público adulto)
Grupo: Teatro no Aramio
Sinopse:
O Alacrán é un local, unha especie de tugurio, ó que comezan a chegar persoas moi diversas. En primeiro lugar dous músicos que ocupan un lugar permanente no espazo escénico e que crearán o ambiente sonoro da peza. A continuación van aparecendo unha serie de personaxes que cargan coa súa biografía. Todos teñen en común que foron convocados, a través dunha carta, a este lugar e no momento concreto da súa chegada. O remitente é un tal Moloch polo que se espera, a semellanza daquel Godot de Becket.
Alacrán é un proxecto grupal que deu lugar a unha peza na que se mesturan música en directo e cancións orixinais cunha dramaturxia de comedia escura. Non é propiamente un musical senón unha proposta traxicómica na que un ‘mostrario’ de personaxes curiosos van pasando por diante do ollo de quen mira.
ElencoClara González, Toni Salgado, Olalla Rey, Natalia Feijoo, Aitor Iglesias, Fran Godón
Dirección: Fran Godón

venres, 21 de outubro de 2016

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR

Promovido por FEGATEA a través dun convenio coa Consellería de Cultura
Traerá ó noso local 4 funcións de teatro.
Velaí a programación:

venres, 2 de setembro de 2016

Lucecús

"A verdadeira historia de Manuel de Paderna" de Lucecús, ademais dunha fermosa homenaxe a Manuel María, é unha obra chea de sorpresas e amor a poesía!
Aquí vos deixamos unhas fotos,que fixo o noso compañeiro Juan Rivas, como testemuña do seu paso polo Local Hipócrita.